Bo día xentiña!! Xa volvemos estar de novo en contacto con
todos vostedes. Agrádame poder escribir unhas liñas sobre a serie
de recursos publicados anteriormente.
Xa están adxuntadas anteriormente as valoración sobre dous recursos, un vídeo e un xogo. Pódese sacar de elas unhas conclusións moi positivas,
pero tamén cabe decir en este apartado que hai infinidade de
recursos didácticos para a ensinanza-aprendizaxe do alumnado. Non é
difícil atopar este tipo de recursos, sen embargo cabe destacar que
non todos son adecuados para menores.
Para saber máis, na investigación que se fixo para atopar os
enlaces anteriores, tamén se atoparon en webs de diferentes
editorias multitude de recursos adaptados aos nenos e nenas de
calquera curso, pero sobre todo de primaria. Neste ámbito estaríamos
ante unha serie de actividades totalmente adaptadas ao currículo das
materias. A organización por cursos e materias facilita moito a hora
a súa consulta e a súa aplicación, sobre todo na casa, cando pode
entrar a dúbida de se a actividade está adaptada para o fillo ou
filla ao que se vai aplicar.
Facendo unha consulta no Ministerio de Educación Ciencia e
Deporte, sábese que todas as comunidades autónomas do territorio
nacional contan con unha serie de proxectos, tanto comúns como por
comunidades. Estes proxectos poñen en marcha o emprego da rede e de
internet, tanto nas aulas como nos fogares, para intercambiar e
consultar información ao mesmo tempo que para facer uso de recursos
didácticos.
Estes dous ámbitos descritos, os proxectos desarroiados polo
MECD e os recursos de editorias, son ámbitos formais. Sen embargo,
indagando por os diferentes medios tecnolóxicos como pode ser un
ipad, un teléfono, etc. Atoparase calquera persoa con unha ampla
variedade de xogos para nenos.
En resume, decir que non é difícil atopar recursos para nenos e
nenas, pero sí que é máis complicado que estes recursos sean
positivos nas diferentes características que se deben ter en conta
para a súa aplicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario