miércoles, 3 de febrero de 2016

Reflexión sobre os diferentes recursos web

Ola rapaces e rapazas!


Nos últimos anos a tecnoloxía fíxose cun papel importante no noso día a día, e como non, no ámbito educativo. O que impulsou a creación de recursos educativos de diferentes maneiras.

A miña primeira entrada no blog vai ser una reflexión sobre os diferentes recursos web destinados aos nosos nenos e nenas de educación primaria, pais, nais, profesores e profesoras.

Existen moitas páxinas web dedicadas a ofrecer recursos, pero cada una delas moi diferente as demais, diferenzas como o idioma, a facilidade de navegar pola páxina, a creatividade de formato… 
Podemos atopar recursos como: actividades interactivas, audio, caza tesouros, encerado dixital, experiencias educativas, imaxes, mapa, etc. Moitas destas web son creadas por institución e mesmo consellarías de educación de diferentes comunidades autónomas.

Tamén existen outros tipos de web, que son as revistas web e os blog dedicadas as TIC no ámbito da educación. Este tipo de web ofrecen noticias actualizadas sobre as TIC.

Un dos recursos destinado as profesoras e profesores son os promovidos polo Instituto de Tecnoloxías Educativas de Formación del Profesorado do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (prema aquí), que consiste na inscrición en cursos.

A web Espazo Abalar da Xunta de Galicia (prema aquí), onde se poden atopar contidos para os alumnos e alumnas como para o profesorado, dende o meu punto de vista pareceume unha das web máis relevantes xa que ten un buscador onde se pode buscar por tipo de recurso, idioma, curso, ensinanza, materia, licenza. Cunha gran variedade de recursos.


Outro páxina web que me chamou moito a atención e Educalandia (prema aquí), onde se pode atopar diferentes recursos con actividades, con sencillas explicacións, para o alumnos e alumnas de educación infantil e educación primaria , dividida nos seus tres ciclos. Un recurso moi atractivo a vista e moi divertido nas súas actividades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pink Snail