miércoles, 3 de febrero de 2016

Emprego das TIC na educación Europea e Latinoamericana

Ola amigos e amigas!! Aquí estou de novo para deixarvos un belisco de información sobre as TIC . Esto pode ser de un gran interese para todos os que vos dediquedes aqueles ámbitos relacionados coa educación, psicoloxía, tecnoloxías informáticas, etc. Como un pequeno adianto decirvos que se trata dun estudo sobre o "Equipamento e uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación nos centros europeos e latinoamericanos".
Dende o meu punto de vista, esta información pode ser moi significativa para calquera docente. Aquí contrastanse os países que máis oportunidades teñen de empregar as TIC, entre eles España, con outros países como Finlandia, que está na posición máis baixa do emprego de este recurso nas aulas e que sen embargo os resultados académicos son uns dos mellores dentro dos estudados. O sistema educativo de cada país díctanos unhas leis que non sempre son as mellores como no caso de España, sen embargo estes servizos poden ser un gran apoio para a educación nas aulas. Temos que dar grazas a quelas persoas que se dedican a elaboración de este tipo de medios xa que nos facilita, na medida do posible, unha educación pedagóxica, amena e atractiva para a maioría de nós. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pink Snail