miércoles, 17 de febrero de 2016

Reflexión sobre a búsqueda de recursos.


Moi boas tardes a todos e todas!

Antes de comentarvos como me foi a búsqueda de recursos cómpre decir que estes recursos están centrados no tema dos animais xa que o proyecto a realizar vai a ser unha web onde a temática son os animais principalmente.

Nun primeiro momento pensei que a búsqueda de recursos ía ser moito máis complicada do que finalmente resultou ser. Cando me puxen a realizar a búsqueda atopei moitos recursos, como por exemplo: xogos, vídeos, fichas para completar,etc. Aínda que atopei moitos recursos nun primeiro momento, sempre é necesario facer unha visión crítica dos recursos para así poder escoller os mellores e os que sobre todo se adecuan máis ás características que nós queremos. Dende o meu punto de vista calquera recurso que sexa elixido para traballar con nenos e nenas sempre debe ter un gran carácter educativo. Á hora de buscar os recursos nun principio atopei varios que a simple vista parecían estar moi ben pero que unha vez que entrabas neles  eses recursos non tiñan nada que ver co que nun principio che describían sobre eles.

Por último a modo de conclusión cómpre mencionar que á hora de buscar recursos na rede atoparemos unha gran variedade e infinidade de recursos pero sempre debemos ser críticos con todos os recursos e analizalos para así poder poder escoller os que mellor se axeiten ás nosas necesidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pink Snail