Moi boas tardes a todos e todas de novo!!
Hoxe vou a falarvos sobre o uso das tablets nas aulas dos colexios xa que debido a que fai un tempo chegou as miñas mans unha noticia relativamente recente na cal recolle o exemplo dun colexio que substitúe todos os libros de texto por tablets. Se queredes acceder á noticia pinchade aquí.
A modo de resumo a noticia céntrase no colexio El Cantizal situado nas Rozas, na comunidade de Madrid. Neste colexio o obxectivo é substituir ao 100% todos os libros de texto por unha tablet individual para cada neno e nena. Neste colexio valoran a proposto que levaron á cabo como positiva xa que como ben dice a noticia o rendemento dos alumnos e alumnas aumentou con esta nova medida e incluso foi bastante positivo para o grupo de alumnos con TEA.
Para moitas persoas e sobre todo para os pais e nais cando se levan á cabo este tipo de medidas sempre xorde o dilema de si estas medidas van a ser positivas ou non para os alumnos e alumnas e como vai a ser o desenvolvemento dos nenos e nenas á hora de traballar con tablets na aula en vez de traballar con libros en papel. Pero do que non se pode dudar é que o emprego destas novas tecnoloxías trae consigo unha serie de grandes vantaxas pero sempre poden aparecer pequenos inconvintes e o mellor para iso é facer un uso adecuado destes recursos que se lles proporciona aos nenos e nenas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario