Ola a todos e todas!
Fai uns meses máis ou menos chegou ata as miñas mans unha noticia sobre os libros dixitais e o seu uso nas aulas. A modo de resumo sobre o que trata esta noticia é sobre se os libros de texto deben ser substituídos ou non por libros dixitais ou ben por tabletas. Nesta noticia teñen moito en conta a opinión dos pais e nais do alumnado e na maioría dos casos os pais e nais opinan que é perigoso que os seus fillos e fillas estean en contacto permanente con Internet así como os posibles problemas de saúde que pode ter o emprego continuado de libros dixitais e tabletas nas aulas.
Dende o meu punto de vista, o emprego de todas as novas tecnoloxías nas aulas así como o emprego dos libros dixitais debe estar sempre moi ben regulado por parte do profesorado e do propio centro educativo. Na miña opinión, o emprego de libros dixitais, así como tabletas, pizarras dixitais, etc fai que a educación sexa moito máis divertida, entretida pero ao mesmo tempo tamén pedagóxica tanto para o alumnado como tamén para o profesorado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario