miércoles, 3 de febrero de 2016

A miña reflexión sobre os recursos web.



Boas tardes rapaces e rapazas !!!

A continuación vou a realizar un breve resumo sobre unha serie de recursos web dirixidos tanto ao profesorado como tamén ao alumnado. 

Todos os recursos que consultei están dirixidos ao manexo das TIC e como éstas se poden aplicar neste caso á educación. Deste xeito podemos atopar recursos dirixidos ao profesorado como por exemplo o Instituo de Tecnoloxías Educativas que consiste na inscrición en cursos, así mesmo o profesorado pode empregar tamén como recurso o espazo Abalar creado pola Xunta de Galicia onde atoparán contidos orientados aos profesores e profesoras. Desde o meu punto de vista Abalar é un dos mellores recursos que atopei xa que a parte de ter recursos dirixidos ao profesorado tamén ten unha gran variedade de recursos dirixidos aos alumnos e alumnas e aos pais e nais. Tamén considero que o espazo Abalar é un dos recursos que está mellor organizado e ao mesmo tempo tamén é bastante completo.

En canto aos recursos para nenos e nenas desde o meu punto de vista o máis interesante e ao mesmo tempo educativo é  Educalandia .Neste recurso web podedes atopar unha divertida forma de ensinarlle aos nenos e nenas diferentes contidos a través de xogos entretidos e sobre todo educativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pink Snail