miércoles, 24 de febrero de 2016

Code.org

Ola rapaces e rapazas!
Hoxe traio unha pequena experiencia. Presentovos a Code.org!

Code.org é unha organización sen fins de lucro, fundada por os irmáns Hadi y Ali Partovi, que ten como obxectivo incentivar a xente, en especial os nosos nenos e nenas a aprender sobre as Ciencias Computacionais.
A través do seu sitio web podemos ter leccións gratuítas.
Rexistreime, e a verdade é que merece a pena, existen moitos recursos para aprender a programar a través de xogos.
Os xogos que probei eran moi entretidos, xa non digamos pois nosos pequenos e pequenas!
Invítovos a que lle votedes un vistazo, pinchade aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pink Snail