Hola compañeiros e compañeiras!!
Hoxe presentamosvos un enlace a un vídeo que seguramente vos gustará. Nel faise un breve percorrido da personalidade galega e das costumes do noso pobo. Tócase o punto da gastronomía, das festas, etc. unha vez visto gustaríanos que nos responderades a unha breve pregunta:
- Sabedes de algunha festa ou celebración que se faga co motivo dun animal en algún pobo da nosa comunidade? Por exemplo: a festa do boi en Allaríz ou a festa do polbo no Carballiño.
A ver se entre todos podemos facer un recorrido por Galicia disfrutando e degustando un belisco de gastronomía.
Moitas Grazas por a vosa axuda.
Xa facía ben tempo que non vía este anuncio!
ResponderEliminarPara ser dunha cadea de supermercados, está curradísimo. Sobre todo para darnos conta de todas esas cousas tan importantes que temos na nosa terra e que tanto botamos de menos cando marchamos dela...
Paréceme moi importante decatarnos disto e valorar o noso. Non ha ser por festas gastronómicas hahah...en Vila de Cruces, na comarca do Deza temos a festa do Galo de Curral. Unha máis para contar!