Ola amigos/as!
Vamos empezar esta entrada cunha pregunta, creedes que todos
os colexios de Galicia teñen internet? Creedes que todos a mesma velocidade de
banda ancha? Pois desgraciadamente non e así, e verdade que a maioría dos nosos
centros teñen internet, pero non todos o poden utilizar. Esto e debido a que a
velocidade a que corre internet non supera os 3 megas, o que provoca que se
colguen as páxinas e os nosos pequenos non poden aproveitar a tecnoloxía. Por
exemplo, nas zonas de alto montaña, rurais ou incluso por problemas cando
existen inclemencias meteorolóxicas.
Según os datos que manexa a Axencia de Modernización
Tecnolóxica de Galicia (Amtega) dos 1.200 centros escolares públicos da
comunidade, 370 contan na actualidade con Internet con unha velocidade de más
de 100 megas. É dicir, o 31 % do total. Según as previsións da Administración
autonómica, a finais do 2016 os centros con ancho de banda superior a cen megas
serán 430.
Na miña opinión, deberíase ter moi en conta isto, e que a
administración proporcione igualdade de internet en todos os nosos centro para
que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario