martes, 22 de marzo de 2016

Reflexionando sobre o material de apoio para a casa.


Moi boas tardes a todos e todas!!

Habitualmente os nenos e nenas suelen levar para a casa moitos deberes que case sempre consisten en facer exercicios dos libros. Dende o meu punto de vista na casa deberían de reforzarse os contidos aprendididos no colexio pero dunha maneira moito máis lúdica e entretida para que aí os nenos e nenas poidan deixar de lado un pouco o mundo de aprender sempre cos libros.

Por este motivo hoxe vou a falarvos dun blog ( se queredes acceder a él clicade aquí ) no cal se poden atopar recursos TIC de todas as asignaturas, libros dixitais, mapas, técnicas de estudo, vídeos, mapas conceptuais, etc. A través de todas estas actividades os nenos e nenas poden aprender e reforzar os contidos dunha forma moito máis lúdica e entretida. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pink Snail