miércoles, 2 de marzo de 2016

Ideas previas para a nosa web


Ola amigas e amigos!!
Hoxe vamos explicar a todos os interesados e interesadas un proxecto sobre unha páxina web sobre a diversidade galega.
En primeiro lugar elaboraremos unha webquest para darvos a todos e a todas a información clave sobre o ecosistema. 
Despois un cuestionario sobre as ideas previas do ecosistema, fauna e flora galega.
Posteriormente a este cuestionario, divideremos a temática en dúas vertentes: flora e fauna. Na parte a traballar sobre a fauna utilizaremos un audiovisual con refráns e imaxes, e para meter a todos e todas as participantes no meollo da cuestión elaboraremos un texto para completar sobre as características dos animais, xogos de clasificación, xogos de asociación, etc.  Por outro lado, na parte a traballar sobre a flora, utilizaremos recursos como xogos e preguntas en menos profundidade. 

Para finalizar, teremos un mapa conceptual que recolla todo o explicado e para ter constancia do aprendido haberase de responder a un cuestionario a modo resumo. 

Para tomar un respiro, tamén haberá un apartado de curiosidades sobre as festas galegas que teñan que ver coa flora e fauna. 

Esperamos que sexa do voso agrado!! :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pink Snail