jueves, 28 de abril de 2016

Reflexión da materia

Hola compañeiros/as. Hoxe tócanos facer unha breve reflexión sobre a asignatura que estamos a cursar os integrantes de este blogg. En primeiro lugar debemos decir que esta asignatura estasea cursar no noso caso no primeiro curso de Educación Primaria, dirixida integración das novas tecnoloxías nas aulas. Con TICs referímonos a tecnoloxías da información e da comunicación, esto pódese levar a cabo e ser recoñecido na maioría dos ámbitos presentes na vida cotidiana. Así mesmo é importante que os/as futuros/as docentes teñan adquirido os coñecementos adecuados para desenrolarse do xeito adecuado á hora de impartir as clases de docencia ante o seu alumnado. 


Esta materia cumpre un papel fundamental derivado do seu carácter instrumental e formativo: traballa as competencias necesarias para o manexo das tecnoloxías como ferramentas para a busqueda, o tratamento, a organización e a representación da información. Neste sentido, serve de apoio a outras materias do plano de estudos. Ao mesmo tempo ten un carácter formativo porque ofrece unha nova visión de como ensinar e como aprender na escola dentro da sociedade da información e o coñecemento. 

Outro dos puntos importantes ofertados nesta materia é a oportunidade de coñecer, analizar e valorar cal é o novo papel do/ docente, dos alumnado e dos elementos que configuran o acto didáctico, cal é a nova maneira de ensinar e aprender coa tecnoloxía. Esto dase fundamentalmente nos casos prácticos, tamén se realiza un traballo de investigación sobre os diferentes recursos tecnolóxicos, o que nos levará a obter unha visión critica ante diferentes aspectos da tecnoloxía da información e da comunicación. 

Por último cabe lugar un breve comentario crítico no que se porán en positivos os contidos levados a cabo durante as sesións prácticas e teóricas. Pola contra tamén existiron diversas dificultades á hora de acadar os obxectivos propostos que se requiren para superar estes contidos. Esto supuxo grandes atrancos nas sesións prácticas que a día de hoxe e tras longas e sucesivas probas de ensaio erro non fomos capaces de solventar entre o grupo de alumnado e profesorado responsable da materia. Con todo existe gran satisfacción por  parte do alumnado do traballo realizado nesta materia.

Un saúdo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pink Snail