miércoles, 20 de abril de 2016

Problemas Informáticos

Hola amigos e amigas. Hoxe quérovos comunicar dende Ourense que estamos a ter diversos problemas á hora de traballar cos nosos ordenadores portátiles conectados a rede de wifi. O principal problema é que non temos acceso a Google. Non lle sucede a todos os que intentan entrar en internet, pero o que sí se debe de ter en conta é que non existe un criterio xustificado e detectado polo que non haxa acceso dende calquera navegador, tanto con Mac como con outro tipo de ordenadores. Por todo isto poderase concluír que o problema é da rede wifi da universidade xa que o acceso está restrinxido en todos os edificios integrantes, tanto nas diferentes facultades como na biblioteca, pabellóns e lugares cerccanos. Como integrante da Universidade de Vigo pido persoalmente que se faga saber a persoas encargadas do tema e esperamos unha solución rápida debido as dificultades que se nos presentan á hora de realizar traballos educativos.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Pink Snail