Somos un grupo que traballa na elaboración dun blog en galego para a publicación de recursos para traballar con nenos e nenas de educación primaria no ámbito da diversidade da fauna e flora galega, así como tamén se publicarán varias noticias sobre as TIC que serán interesantes para todos e todas os que visitedes o noso blog.
miércoles, 6 de abril de 2016
Interactuamos desde calquera lugar para realizar traballos
Hola amigos e amigas!!
Aquí estamos de novo dende Ourense!!Vouvos deixar unha ferramenta TIC moi útil para solventar problemas á hora de realizar traballos.
Esto acaba cos problemas de incompatibilidade de horarios entre os membros de un grupo de traballo e o de que só pode estar a traballar un dos membros no documento do traballo xa que só está no seu ordenador, etc.
Con esta ferramenta o traballo está compartido para todos aqueles integrantes que se desexan tendo a posibilidade de editarlo. De este modo calquera co que estea compartido o documento, pode saber quen modificou o traballo, os cambios que se realizan e mesmo traballar en el.
Por outra banda, decir que permite outras posiblidades, por exemplo, organizar os traballos en carpetas ou almacenar calquera documento sen compartilo con ningén, etc.
Esta ferramenta pode ser moi útil para calquera idade, xa que na actualidade estase a intentar impartir un aprendizaxe cooperativo o cal implica a participación de todos os integrantes, e esto é en todos os cursos.
AQUÍ tedes información sobre este programa.
Saúdos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario