Somos un grupo que traballa na elaboración dun blog en galego para a publicación de recursos para traballar con nenos e nenas de educación primaria no ámbito da diversidade da fauna e flora galega, así como tamén se publicarán varias noticias sobre as TIC que serán interesantes para todos e todas os que visitedes o noso blog.
miércoles, 13 de abril de 2016
Declaración de Intencións.
Bos días a todos e todas !!
O noso proxecto consiste na realización dunha páxina web onde o seu tema principal é a fauna galega.
O noso proxecto está dirixido aos alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria. O desenvolvemento da nosa web terá lugar durante as clases de Coñecemento do Medio, concretamente durante dúas semanas de clase, é decir, durante seis sesións de Coñecemento do Medio.
En canto ás actividades que se incluirán dentro da nosa web, cómpre mencionar que as actividades son moi variadas, polo que podemos atopar dende un vídeo, sopa de letras, mapas conceptuais, xogos de clasificación e de relacionar, etcétera. Dentro da nosa web tamén vai estar incluído o noso blog "Un animal por amigo".
Esperemos que a realización da nosa web sexa do voso agrado e que tamén vos sexa útil e fácil de empregar. En breve subiremos o enlace da nosa web.
Saúdos dende os Animaliños Galegos !!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario