Mostrando entradas con la etiqueta Alba. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alba. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de mayo de 2016

Xogo de relacionar

Agora podemos dar por rematado o noso traballo sobre as actividades. ESTA é a última que publicaremos e está adicada a wequest dentro da web. Decantámonos por facer lixeiras modificacións respecto á opción anterior (sacamos imaxes) debido a que era unha actividade moi similar ás propostas e con este novo deseño tentamos de facer algo diferente. Trátase de relacionar palabras de xeito interactivo, estas son relacionadas coa temática da webquest, os tipos de porco, e as súas características.

Un saúdo

Cuestionario definitivo

 Deixámosvos AQUÍ o derradeiro cuestionario para a nosa web

domingo, 1 de mayo de 2016

Reflexión final sobre a materia.


Boas tardes a todos e todas !!

Esta aventura xa chega ao seu fin e polo tanto vou a facer unha pequena reflexión final sobre o que foi esta aventura na asignatura de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria.

Como futura docente, paréceme un completo acerto ensinar esta asignatura na facultade de educación xa que a través dela aprendemos moitos novos recursos e novas formas de aplicar as TIC nas aulas xa que hoxe en día non se pode obviar o gran peso que teñen as novas tecnoloxías na sociedade actual.

Durante este primerio curso a través desta asignatura aprendimos o manexo correcto de novas ferramentas que nun futuro poderei aplicar nas aulas debido ao seu carácter formativo e tamén ao fácil manexo da maioría delas para os nenos e nenas. Aprender a manexar estas novas ferramentas nun futuro será moi útil xa que as clases serán moito máis lúdicas e entretidas para os nenos e nenas.

Para acadar os obxectivos esixidos nesta materia houbo que dedicarlle bastante tempo xa que algúns dos contidos que tiñamos que tratar eran complicados pero pese a todo isto a experiencia desta asignatura é moi positiva.

Un saúdo a todos e todas e seguro que nos veremos pronto.


Mundo Primaria.


Boas tardes a todos e todas!!

Hoxe vouvos a falar de mundo primaria que se trata dun portal onde se poden atopar todo tipo de xogos infantiles educativos así como outros recursos educativos gratuitos de gran calidade que van dirixidos a nenos e nenas de entre 3 a 12 anos.

Nesta páxina pódese atopar todo tipo de xogos, xogos temáticos, material para imprimir, cancións, vídeos, etcétera. Todos estes recursos están  dirixidos ás áreas de matemáticas, lingua, inglés e ciencias.

Se queredes consultar a páxina clicade aquí.

Espero que este recurso vos sexa de axuda e que vos guste.
Saúdos.

viernes, 22 de abril de 2016

Recursos Educativos.


Boas tardes a todos e todas!!

Hoxe en día a través da rede podemos atopar infinidade de recursos para que lles sexa moito máis amena e agradable a adquisición de contidos aos nenos e nenas. Un destes exemplos é a páxina: recursos educativos.net, que se trata dunha aplicación online para empregar nas aulas tanto polo profesorado como polos propios alumnos e alumnas. Nesta páxina podemos atopar dende xogos e aplicacións adaptadas para os nenos e nenas, así como revistas escolares online, diccionarios online, axendas escolares e bibliotecas infantís por exemplo.

Espero que este recurso do que vos falei hoxe vos sexa do voso agrado e sobre todo de utilidade.

Saúdos.

miércoles, 20 de abril de 2016

Reflexión sobre os comentarios dos nosos compañeiros e compañeiras.



Bos días a todos e todas!!

Hoxe querémoslle dar as grazas a todos os nosos compañeiros e compañeiras que ao longo destas semanas deixaron os seus comentarios e opinións no noso blog. Ao longo destas semanas recibimos un total de 5 comentarios que nos son moi útiles para coñecer as opinións dos nosos compañeiros e compañeiras, e así, a través dos comentarios saber se as actividades e as entradas que fomos realizando son do agrado de todos e todas.Un destes exemplos é o caso da nosa compañeira Alba Baltar do blog "Habelas Hainas", que lle resultou moi interesenta o noso audiovisual sobre a fauna e flora galega.

Moitas grazas a todos e todas dende os Animaliños Galegos.

viernes, 15 de abril de 2016

"Mis cosas de maestra"


Boas tardes a todos e todas!!

Hoxe vouvos a falar sobre un blog que se chama "Mis cosas de maestra". Neste blog podedes atopar unha gran variedade de recursos para a aula, vídeos de apoio, manualidades, fichas, etcétera. Este blog tamén presenta numerosos xogos entretidos para os nenos e nenas e unha gran lista de enlaces a outros blogs moi interesantes.

Dende o meu punto este blog presenta numerosos recursos e alternativas que son moi útiles para empregar nas aulas e mesmo nos fogares cos nenos e nenas.

Espero que vos sexa de interese.
Saúdos.

miércoles, 13 de abril de 2016

Declaración de Intencións.


Bos días a todos e todas !!

O noso proxecto consiste na realización dunha páxina web onde o seu tema principal é a fauna galega. 

O noso proxecto está dirixido aos alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria. O desenvolvemento da nosa web terá lugar durante as clases de Coñecemento do Medio, concretamente durante dúas semanas de clase, é decir, durante seis sesións de Coñecemento do Medio.

En canto ás actividades que se incluirán dentro da nosa web, cómpre mencionar que as actividades son moi variadas, polo que podemos atopar dende un vídeo, sopa de letras, mapas conceptuais, xogos de clasificación e de relacionar, etcétera. Dentro da nosa web tamén vai estar incluído o noso blog "Un animal por amigo".

Esperemos que a realización da nosa web sexa do voso agrado e que tamén vos sexa útil e fácil de empregar. En breve subiremos o enlace da nosa web.


Saúdos dende os Animaliños Galegos !!!

sábado, 9 de abril de 2016

Mindomo.


Moi boas tardes chicos e chicas !!

Hoxe vouvos a falar dunha aplicación que se chama MINDOMO. Mindomo é un xerador moi versátil co que é posible desenvolver unha gran variedade de mapas conceptuais. O requesito indispensable para poder elaborar os mapas conceptuais e despois gardalos no ordenador persoal de cada un é rexistrarse. 

Personalmente esta ferramenta foinos moi útil para desenvolver dous mapas conceptuais que elaborei. Espero que a vós vos sexa de gran utilidade.

Saúdos.

miércoles, 6 de abril de 2016

Audiovisual

Ourense, 06.04.2016
Señorita y caballeros, hola! Que tal?
Hoxe traiovos un audiovisual sobre a flora e fauna de Galica creado co programa Windows Movie Maker! Hai unha pequeña presentación de parte de nós e utilizamos a canción "Galicia Calidade" de Ambito Kinitoh e imagenes de uso público descargadas de Google. Para poder acceder tan só tendes que clicar aquí.

Esperamos que vos guste!

Fuga de palabras

Ourense, 06.04.2016
Señorita y caballeros, hola! Que tal?
Hoxe traiovos unha fuga de palabras en PDF listo por ser descargados, imprimido e despois completado de parte do os alumnos e alumnas sobre a flora galega! Para poder acceder tan só tendes que clicar aquí.

Esperamos que vos guste!


Actividade

Hola amigos e amigas!! Hoxe traiemovos unha actividade de clasificación dos animais en hebívoro, carnívoro e omnívoro. Esta actividade tivena que refaer xa que co programa que fixera non ma deixaba subir no blog nin na nosa páxina web. Esperamos que vos sexa do voso agrado!!

WebQuest!!

Hola rapaces e rapazas!!

Hoxe traiovos unha WebQuest sobre o porco! Para poder acceder tan só tendes que clicar aquí.

Esperamos que vos guste!


lunes, 4 de abril de 2016

Xogo de relacionar


Boas tarde de novo a todos e todas!!

Aquí vos deixo outra actividade que fixemos. Esta consiste nun xogo que se trata de relacionar os nomes dos animais en galego cos seus correspondentes en castelán.

Se queredes acceder ao xogo pinchade aquí

Saúdos.

Mapas conceptuais.


Moi boas tardes a todos e todas!!

Aqí vos deixo unha das actividades que estamos a crear. Neste caso trátanse de dous mapas conceptuais para completar, o primeiro é sobre a fauna e o segundo sobre a flora.

Aquí vos deixo os seus enlaces:

Mapa conceptual sobre a fauna: pincha aquí 

Mapa conceptual sobre a flora:pincha aquí


Espero que sexan do voso agrado.

domingo, 3 de abril de 2016

EDUCAPLAY.


Moi bos días a todos e todas!!

Hoxe vou a falarvos sobre educaplay, que se trata dun portal de actividades educativas multimedia. Con educaplay podedes crear e compartir as vosas propias actividades e tamén podedes intentar resolver as que crearon outros usuarios. Este recurso é moi sinxelo de empregar e para poder acceder a él sólo fai falta rexistrarse e por último comentarvos que se trata dun dos recursos que nós estamos a empregar para elaborar as nosas actividades.

Se queredes acceder á páxina de educaplay pinchade aquí .

viernes, 1 de abril de 2016

Sopa de letras

Boa tarde!!
Outro adianto de novas actividades que andamos a preparar. O que se pode ver na imaxe é unha sopa de letras que inclúe algúns puntos do noso proxecto (animais, ecosistemas, refráns galegos...). 

Saúdos :)

jueves, 31 de marzo de 2016

Cuestionario

Hola de novo!!
Aquí outro adianto dunha actividade sobre o noso proxecto de animais, refráns e ecosistemas do noso entorno. É un cuestionario que consta de máis de 10 preguntas para poñer a proba os vosos coñecementos, incorpora imaxes, preguntas cortas e preguntas de resposta múltiple:

Primeira actividade para a webquest

Hola compañeiros e compañeiras!!
Deixámosvos un adianto das actividades que estamos a elaborar para o noso proxecto. En este momento deixamos unha  captura de elas xa que non foi posible subilas de outra maneira por problemas prácticos, máis adiante xa volos poremos a vosa disposición para poder participar nelas.
Queda en primeiro lugar unha actividade para relacionar imaxes con tipos de porcos:













martes, 22 de marzo de 2016

Reflexionando sobre o material de apoio para a casa.


Moi boas tardes a todos e todas!!

Habitualmente os nenos e nenas suelen levar para a casa moitos deberes que case sempre consisten en facer exercicios dos libros. Dende o meu punto de vista na casa deberían de reforzarse os contidos aprendididos no colexio pero dunha maneira moito máis lúdica e entretida para que aí os nenos e nenas poidan deixar de lado un pouco o mundo de aprender sempre cos libros.

Por este motivo hoxe vou a falarvos dun blog ( se queredes acceder a él clicade aquí ) no cal se poden atopar recursos TIC de todas as asignaturas, libros dixitais, mapas, técnicas de estudo, vídeos, mapas conceptuais, etc. A través de todas estas actividades os nenos e nenas poden aprender e reforzar os contidos dunha forma moito máis lúdica e entretida. 
Pink Snail