Boas tardes a todos e todas !!
Esta aventura xa chega ao seu fin e polo tanto vou a facer unha pequena reflexión final sobre o que foi esta aventura na asignatura de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria.
Como futura docente, paréceme un completo acerto ensinar esta asignatura na facultade de educación xa que a través dela aprendemos moitos novos recursos e novas formas de aplicar as TIC nas aulas xa que hoxe en día non se pode obviar o gran peso que teñen as novas tecnoloxías na sociedade actual.
Durante este primerio curso a través desta asignatura aprendimos o manexo correcto de novas ferramentas que nun futuro poderei aplicar nas aulas debido ao seu carácter formativo e tamén ao fácil manexo da maioría delas para os nenos e nenas. Aprender a manexar estas novas ferramentas nun futuro será moi útil xa que as clases serán moito máis lúdicas e entretidas para os nenos e nenas.
Para acadar os obxectivos esixidos nesta materia houbo que dedicarlle bastante tempo xa que algúns dos contidos que tiñamos que tratar eran complicados pero pese a todo isto a experiencia desta asignatura é moi positiva.
Un saúdo a todos e todas e seguro que nos veremos pronto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario