miércoles, 4 de mayo de 2016

Xogo de relacionar

Agora podemos dar por rematado o noso traballo sobre as actividades. ESTA é a última que publicaremos e está adicada a wequest dentro da web. Decantámonos por facer lixeiras modificacións respecto á opción anterior (sacamos imaxes) debido a que era unha actividade moi similar ás propostas e con este novo deseño tentamos de facer algo diferente. Trátase de relacionar palabras de xeito interactivo, estas son relacionadas coa temática da webquest, os tipos de porco, e as súas características.

Un saúdo

Cuestionario definitivo

 Deixámosvos AQUÍ o derradeiro cuestionario para a nosa web

domingo, 1 de mayo de 2016

Reflexión final sobre a materia.


Boas tardes a todos e todas !!

Esta aventura xa chega ao seu fin e polo tanto vou a facer unha pequena reflexión final sobre o que foi esta aventura na asignatura de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación Primaria.

Como futura docente, paréceme un completo acerto ensinar esta asignatura na facultade de educación xa que a través dela aprendemos moitos novos recursos e novas formas de aplicar as TIC nas aulas xa que hoxe en día non se pode obviar o gran peso que teñen as novas tecnoloxías na sociedade actual.

Durante este primerio curso a través desta asignatura aprendimos o manexo correcto de novas ferramentas que nun futuro poderei aplicar nas aulas debido ao seu carácter formativo e tamén ao fácil manexo da maioría delas para os nenos e nenas. Aprender a manexar estas novas ferramentas nun futuro será moi útil xa que as clases serán moito máis lúdicas e entretidas para os nenos e nenas.

Para acadar os obxectivos esixidos nesta materia houbo que dedicarlle bastante tempo xa que algúns dos contidos que tiñamos que tratar eran complicados pero pese a todo isto a experiencia desta asignatura é moi positiva.

Un saúdo a todos e todas e seguro que nos veremos pronto.


Mundo Primaria.


Boas tardes a todos e todas!!

Hoxe vouvos a falar de mundo primaria que se trata dun portal onde se poden atopar todo tipo de xogos infantiles educativos así como outros recursos educativos gratuitos de gran calidade que van dirixidos a nenos e nenas de entre 3 a 12 anos.

Nesta páxina pódese atopar todo tipo de xogos, xogos temáticos, material para imprimir, cancións, vídeos, etcétera. Todos estes recursos están  dirixidos ás áreas de matemáticas, lingua, inglés e ciencias.

Se queredes consultar a páxina clicade aquí.

Espero que este recurso vos sexa de axuda e que vos guste.
Saúdos.
Pink Snail